
A nosa historia
Somos a comunidade escolar que integra a biblioteca "Ler está de moda" do CEIP Baños de Molgas
Benvid@s!
Queredes saber quen somos?
Somos as nenas e nenos do CEIP Baños de Molgas (provincia de Ourense) que, xunto co noso profesorado, imos tratar, a través deste blogue, de facer que coñezades un pouquiño máis a nosa biblioteca.
Podedes localizarnos na seguinte dirección:
Estrada de Salgueiros s/n
Baños de Molgas
Ourense.
O noso teléfono de contacto é o 988 430268 e o noso fax: 988 430268
Correo electrónico: ceip.banhos.molgas@edu.xunta.es
Xa no edificio, a nosa biblioteca sitúase na planta principal do colexio (entrando a man dereita) e ten capacidade para moitísimos nenos e nenas, así como numerosos libros e recursos cos que traballar a diario e que nos recordan a todos e a todas que ler é a clave para aprender, imaxinar, crear, pensar, viaxar, desfrutar... en definitiva, para sermos máis libres e independentes.
