17 de maio: Día das Letras Galegas
- Ler está de moda
- 14 may 2020
- 1 Min. de lectura
O vindeiro 17 de maio, como xa sabedes, celebramos o Día das Letras Galegas, aínda que este ano polo motivo da pandemia, o acto será aprazado para o 31 de outrubro. Aínda así, gustaríanos facer referencia a este día e ao seu homenaxeado - Ricardo Carvalho Calero- e, sobre todo, poñer de manifesto a importancia e a valía da nosa lingua.
O Día das Letras Galegas é unha celebración que se vén facendo dende o 1963 da man da Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacan pola súa creación literaria en lingua galega ou pola defensa do noso idioma. Cada ano adícaselle a unha personalidade diferente tendo en conta que se esixen, ao menos, dez anos dende o seu falecemento.

Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910- A Coruña 1990) foi historiador da literatura, crítico literario, filólogo e escritor de referencia para as nosas letras. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu un importantísimo traballo investigador que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. En 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega. Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua.
Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
Comments