top of page
Buscar

23 de abril: Día do Libro

  • Foto del escritor: Ler está de moda
    Ler está de moda
  • 22 abr 2020
  • 1 Min. de lectura



A orixe do Día do Libro remóntase a 1926. Trátase dun día simbólico para a literatura mundial xa que o 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron – ou morreron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.


É por este motivo que esta data foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos autores, e alentar a todos, en particular á xente nova, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemprazable contribución dos escritores e escritoras ao progreso social e cultural.


A idea orixinal da celebración do Día del Libro partiu de Cataluña, do escritor valenciano Vicente Clavel Andrés. O 7 de outubro de 1926 foi o primeiro Día do Libro e, pouco despois, en 1930, instáurase definitivamente a data do 23 de abril como Día do Libro. Este día coincide co Sant Jordi -patrón de Alemaña, Aragón, Bulgaria, Cataluña, Etiopía, Georgia, Grecia, Inglaterra, Líbano, Lituania, Países Baixos, Portugal, Eslovenia e México. É tradicional regalar unha rosa ao concluir unha lectura, evento ou pregón e que os namorados e persoas queridas intercambien unha rosa e un libro.


Anímovos a desfrutar moito deste Día do Libro 2020 aínda que, por motivos de forza maior, non poidamos celebralo no colexio como nos gustaría. A pesar disto, estade moi atento e atentas a este blogue porque mañá temos unha pequena sorpresa para tod@s vós...







 
 
 

Comments


Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page