24 de outubro: Día Internacional das Bibliotecas
- Ler está de moda
- 23 oct 2019
- 2 Min. de lectura
Dende o ano 1997 cada 24 de outubro celébrase en varios países o Día Internacional das Bibliotecas. Esta efeméride pretende resaltar a importancia que as bibliotecas tiveron e teñen para a historia do ser humano como resgardo da súa cultura, do seu saber, das súas crenzas...
A historia deste día comezou entre cinsas e coa perda de centos de miles de textos únicos...
En 1992, a Biblioteca Nacional de Saraxevo quedou totalmente en ruínas debido ao conflito bélico dos Balcáns. A imaxe que quedou gravada na mente do mundo foi a do músico Vedran Smailovic tocando o seu violonchelo entre os cascallos do fermoso edificio, como un acto de resistencia pacífica e unha chamada de atención ao mundo, que puña os seus ollos na traxedia que vivía esta cidade.

O que detonou a destrución da Biblioteca de Saraxevo foi a súa arquitectura, xa que incorporaba elementos da tradición árabe e oriental. Para os nacionalistas radicales que querían volver fundar o imperio persa, aquela edificación, e moitas outras de estilo oriental, resultaban ser un insulto ás súas crenzas e, por esta razón, decidiron destruílas completamente. A pesar de que, ironicamente, moitos destes homes eran fieis visitantes da biblioteca. É máis, o home que deu a orde de destruír a biblioteca era profesor de literatura da Universidade de Saraxevo e amaba os poemas de Shakespeare.

Así relataba o ataque o xornalista Enric Juliana, quen cubriu tramos da guerra para a prensa do país e tivo a triste experiencia de visitar a biblioteca en ruínas:
"El incendio de 1992 destruyó centenares de miles de libros y numerosos incunables. Varios miles de volúmenes pudieron ser salvados en los primeros momentos del incendio, cuando los empleados de la biblioteca, arriesgando sus vidas, comenzaron a arrojar libros y documentos por las ventanas".
Por fortuna, a Biblioteca está novamente en pé: reconstruíuse e foi reinaugurada en 2014.

Kommentare