25N: Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller
- Ler está de moda
- 24 nov 2019
- 1 Min. de lectura
Boa tarde a tod@s!
Mañá luns, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra a Muller, data que pretende denunciar a violencia de todo tipo que se exerce sobre as mulleres e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

A orixe deste día atopámola ó outro lado do Atlántico. Esta convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981 en conmemoración á data na que foron asasinadas, en 1960, as tres irmáns Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa) na República Dominicana por orde do ditador Rafael Leónidas Trujillo, do que eran firmes opositoras.

Foi así que o 25 de novembro de 1960, os corpos das irmás Mirabal foron achados, destrozados, no interior dun jeep fundido nun barranco en Salcedo, ó noroeste da República Dominicana. Horas antes, as tres mulleres, activas militantes contra o réxime de Trujillo, foran asasinadas por un escuadrón mandado polo ditador. Os homes do autócrata, que as mataron a golpes, trataron de simular que fora un accidente, aínda que nunca houbo dúbidas de que se tratou dun crime. O asasinato das irmáns Mirabal, coñecidas como "as mariposas", foi un dos detonantes da caída de Trujillo.
"Si me matan, sacaré los brazos de la tumba y seré más fuerte", dixo en máis dunha ocasión, cando xa se sentía ameazada, Minerva Mirabal, a máis activa das tres mariposas.

Anos máis tarde, as irmáns Mirabal, nacidas nunha familia acomodada de comerciantes, con carreiras universitarias, casadas e con fillos, convertéronse no símbolo da loita contra a violencia de xénero, unha lacra global e multiforme de consecuencias devastadoras para o planeta.

Commentaires