30 de xaneiro: Día Escolar da Paz e da Non-violencia
- Ler está de moda
- 30 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Boas de novo a tod@s!
Hoxe, 30 de xaneiro, Día Escolar da Paz e da Non-Violencia, a nosa biblioteca foi escenario novamente de distintas actividades que realizamos no centro para conmemorar este día tan especial e necesario.
Mentras @s máis pequen@s dedicaron parte da tarde a pintar a pomba, símbolo da paz e da non-violencia, o alumnado de primaria botou un bingo, iso si, un bingo da paz, que tiña como obxectivo principal fomentar acomunicación entre todo o alumnado de primaria e descubrir aquelas cousas que os unen ós distintos compañeiros e compañeiras que, ás veces, nos pasan desapercibidas e que son tan necesarias para construír a paz no noso día a día.












Despois destas actividades, o alumnado das distintas etapas procedeu á lectura de distinto textos a prol da paz e en contra da violencia.
Infantil leu un poema de Gloria Fuertes titulado "Los juguetes son para jugar (de verdad)".


O alumnado de 1º, 2º e 3º curso explicounos a todos e a todas a orixe deste día e o seu significado, ademais de ler tamén dous poemas en contra da violencia: "Vendría la paz" e "Solo tres letras".





O máis maiores, 4º, 5º e 6º, redactaron eles mesmos o seu Manifesto da Paz no cal expuxeron as súas ideas do que para eles debe ser a paz e tamén as súas esixencias.


Rematamos o día cos máis pequeniños cantándonos unha canción de paz e cunhas fotos diante dos murais que elaboramos para este día entre tod@s e que nos lembran a importancia de construírmos a paz no noso pequeno mundo cada día.





Como dicía o noso Manifesto: "QUEREMOS PAZ E TEMOS DEREITO A ELA".
Moi feliz día e moi felices lecturas!
Commenti