top of page
Buscar

8M: as mulleres (in)visibles

  • Foto del escritor: Ler está de moda
    Ler está de moda
  • 9 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Boas a tod@s!


Dende a bibioteca do CEIP Baños de Molgas quixemos celebrar o 8M -Día da Muller- prestando especial atención a todas aquelas mulleres que, ó longo dos anos, permaneceron invisibles nos libros de texto e, por suposto, fóra de todo currículo escolar.


Para isto, elaboramos unhas flores lilas nas que reflectimos o resultado das nosas investidacións a través da rede e dos recursos bibliográficos da biblioteca. O resultado foi unha morea de nomes femininos ós que puxemos rostro e que nos fascinaron polas vidas tan interesantes que levaron e, sobre todo porque, grazas ó seu traballo, o mundo avanzou e se converteu nun lugar mellor.









Nesta xornada tivemos oportunidade tamén de establecer un pequeno coloquio na biblioteca onde tod@s aprendemos do traballo de tod@s.







As flores lilas foron colgadas no comedor para recordarnos que as mulleres foron, son e serán un pilar imprescindible da nosa sociedade e que, só contando con elas, esta poderá ser un lugar mellor.










Por outra banda, os máis pequeniños soprendéronos con cadansúa flor lila que, xuntándoas, formaron un fermosísimo ramo violeta que, xa na entrada do cole, nos recorda o importante que é o feminismo non só o 8 de marzo, senón os restantes 364 días do ano.




Feliz 8 de marzo a tod@s e moitas grazas por facelo tan especial!


 
 
 

Comments


Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page