top of page
Buscar
  • Foto del escritorLer está de moda

A Maleta da Igualdade


Boas a tod@s de novo!


Esta semana queremos salientar, na liña das actividades que se están a desenvolver no noso centro en prol da igualdade de xénero e en contra da violencia machista, que tanto o profesorado coma o alumnado temos na biblioteca ó noso dispor, dende o 13 de novembro ata o 13 de decembro, a Maleta da Igualdade que nos prestou para o seu uso o Centro de Formación e Recursos de Ourense e que se enmarca dentro do I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020 da Xunta de Galicia.










Nesta maleta atoparemos unha selección de libros marabillosos (contos, álbums ilustrados, novelas xuvenís, banda deseñada...) tanto para educación infantil como para primaria que teñen como obxectivo fundamental potenciar a igualdade entre nenas e nenos e a non discriminación por razóns de xénero, así como concienciar ó nosos rapaces e rapazas en contra da violencia machista contra as mulleres.





Trátase, en definitiva, de desmontar prexuízos, redefinir roles, ampliar perspectivas e, en definitiva, educar en igualdade. Atoparemos nesta maleta títulos tan suxerentes e libros tan marabillosos como os que vos presentamos a continuación:






















Contamos, pois, con 38 títulos que, sumados ós xa existentes na nosa biblioteca, conforman un recurso estupendo para educar e (re)educármonos na igualdade e no respecto mutuo entre todos os seres humanos, independentemente do seu sexo.


Animamos a todos os pais e a todas as nais que o desexen a pasar pola biblioteca e a botarlle un ollo a este material tan fantástico que teremos no centro durante un mes. Seredes benvid@s!!


30 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page