top of page
Buscar
  • Foto del escritorLer está de moda

Actividades para o 25N

Como a erradicación de calquera tipo de violencia e, en especial, da violencia machista, ten que pasar irremediablemente pola educación, tórnase fundamental, dende o sistema educativo, sentar as bases da igualdade e da non-disciminación por razóns de xénero dende as idades máis temperás.


Como non podía ser doutro xeito, dende a biblioteca do CEIP Baños de Molgas e, por suposto, dende o propio centro, imos dedicar gran parte do día de mañá a conmemorar o 25N con distintas actividades que se levarán a cabo para sensibilizar ó noso alumnado ante o problema da violencia machista e para educar en igualdade a todas as nenas e nenos. Deste xeito, levarase a cabo:


- Unha exposición permanente dende a primeira hora da mañá de diversos libros que tratan de educar en igualdade e de erradicar todo tipo de violencia machista.


- Dramatización do conto de Adela Turin, Artur e Clementina, por parte dos alumnos máis maiores co fin último de sensibilizar a todo o noso alumnado das consecuencias tan negativas e nefastas da violencia machista.


- Visionado do conto Rosa Caramelo, da mesma autora, en Youtube.


- Realización e colocación na entrada do cole dun mural onde as nenas e nenos colcarán frases, palabras, imaxes... do que "si vale" e do que "non vale" no trato entre iguais.


- Taller de manualidades no que realizaremos unha pequena Clementina co lema "25N: Quéreme ben!"


Por suposto, esperamos desfrutar moito do noso particular 25N e, sobre todo, deixarmos poso para que nas vindeiras xeracións a violencia machista só sexa un mal recordo e as mulleres poidamos vivir en igualdade de condicións que os homes.


14 visualizaciones1 comentario

Entradas Recientes

Ver todo

Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page