top of page
Buscar
  • Foto del escritorLer está de moda

Benvid@s ó terceiro trimestre!

Ola a todos e a todas!


Comezamos o terceiro trimestre e continuamos co confinamento... pero sabedes que é o mellor de todo? Que xa queda menos para vernos novamente e que estas semanas que estamos a ficar na casa están dando os seus froitos traducíndose en menos contaxios e, polo tanto, salvando moitas vidas. Así que vos animamos a seguir coa vontade firme como ata agora e a seguir resistinto tan ben como o levades feito! Sodes uns campións e unhas campioas. Moito ánimo a tod@s!


Agardamos tamén que as recén rematadas vacacións de Semana Santa vos cundisen moito e iniciedes esta nova época con folgos renovados e con moitas ganas de seguir aprendendo.


Dende o Blogue da Biblioteca amimámosvos a ler todos os días -xa sabedes!- e lembrámosvos que a lectura axuda moito a sobrelevar os contratempos que vaian xurdindo no día e día e, tamén, e moi boa compañeira contra o aburrimento.


Felices lecturas a tod@s!

16 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page