![](https://static.wixstatic.com/media/71cdef67502e4a9d84c9cf3bd79a5049.jpg/v1/fill/w_147,h_74,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/71cdef67502e4a9d84c9cf3bd79a5049.jpg)
Ola:
Dende a biblioteca do CEIP Baños de Molgas queremos darvos a benvida a este blogue e abrirvos as portas da nosa biblioteca de centro Ler está de moda.
Este blogue nace co propósito de informar á comunidade educativa do centro daquelas actividades que se van levar a cabo durante o curso académico co fin último de potenciar e animar á lectura a todos os membros que integramos o centro, xa que cremos firmemente que a lectura é chave de chaves: abre portas, xanelas, ollos, cabezas, corazóns...
Esperamos que gocedes moito connosco, que fagades as aportacións que consideredes necesarias -sempre estaremos encantadas de escoitarvos- e que desfrutedes da lectura durante toooooda a vida.
Un saudiño para todas e todos!!
![](https://static.wixstatic.com/media/a27d24_1f4ec88b48ad466cb4a2c2d366327558~mv2_d_3120_4160_s_4_2.jpg/v1/fill/w_147,h_196,al_c,q_80,usm_0.66_1.00_0.01,blur_2,enc_auto/a27d24_1f4ec88b48ad466cb4a2c2d366327558~mv2_d_3120_4160_s_4_2.jpg)