Charla na biblioteca
- Ler está de moda
- 7 nov 2019
- 1 Min. de lectura
O martes 5 de novembro visitaron o CEIP Baños de Molgas unha parella de garda civís que impartiron unha charla sobre a violencia de xénero en todas as súas manifestacións. Explicáronlle ós nosos alumnos e alumnas cousas tan interesantes como a diferenza entre sexo e xénero, os diferentes roles e estereotipos que adoitan desenvolver cada xénero, condutas para previr a violencia de xénero, consecuencias desta, etc.
Foi unha charla tan importante como necesaria onde as nosas nenas e nenos puideron facer preguntas, resolver as súas dúbidas e participar activamente nun ambiente moi agradable e distendido.
Deixámosvos unhas cantas fotiños!











Comments