Chegou o Nadal Molguense!
- Ler está de moda
- 12 dic 2019
- 1 Min. de lectura
Por fin chegou o Nadal ó cole de Baños de Molgas!
E o sentimento navideño semella estar cada vez máis presente entre o alumnado....
Como non podía ser doutro xeito, puxemos unha fermosa árbore de Nadal na entrada do colexio:


E, por suposto, non podía faltar o tradicional Belén navideño:


Os Reis e o Apalpador seguro que tamén pasarán polo cole... así que decidimos deixar un buzón coas cartas do alumnado e do profesorado para que non se esquezan de traernos aquilo que desexamos...


Á entrada do cole tamén temos o noso particular boneco de neve por se esta non quere aparecer no Nadal:


E, por suposto, mañá pola tarde, teremos na biblioteca un taller de elaboración de adornos de Nadal para que os nenos e nenas poidan elaborar as súas propias manualidades e seguir decorando o colexio e as aulas.
Comments