Concurso de Nadal
- Ler está de moda
- 5 dic 2019
- 1 Min. de lectura
Bo día a tod@s!
Dende este mércores, 4 de decembro, contamos cunha árbore de nadal moi especial na nosa biblioteca...

No canto dos típicos adornos navideños, a nosa árbore contén fotografías da infancia de cada un dos profes, así coma do cociñeiro do comedor, e o título dun libro especial que marcou a infancia ou a adolescencia de cada un deles.

Os nenos e nenas de primaria deberán tratar de adiviñar quen é quen, así como o seu libro favorito. Para levar a cabo esta tarefa poderán investigar sobre os libros na rede, preguntar ós profes preguntas concretas sobre os mesmos, usar a intuición... Cada alumn@ deberá cubrir cadanseu cartón e entregalo na biblioteca antes do 18 de decembro.


O neno ou nena que acerte todo ou, no seu defecto, aquel ou aquela que teña menos erros, entregaráselle un pequeno agasallo o día do Festival de Nadal.
Animádevos a participar e que a sorte, e a lectura, vos acompañen!!

Idea xenial!!!para que os nenos sepan un pouquiño mais dos seus profes e as suas experiencias👍