Concurso para elexir o lema e a mascota da biblioteca
- Ler está de moda
- 6 oct 2019
- 1 Min. de lectura
Os alumnos e alumnas do colexio terán ata o 15 de outubro para pensar no lema e na mascota que queren para a súa biblioteca.
Despois desa data, os días 16 e 17 exporanse no centro os diferentes textos e debuxos que creou o alumnado de todos os cursos e etapas.
O 18 de outubro procederemos á votación daquel que máis nos guste.
O lema e o bocexo da mascota máis votados serán os que vaian representar á nosa biblioteca de aí en adiante... Manterémosvos informados e informadas de como quedou a votación...
Ata pronto!!
Comments