Contacontos na biblioteca!
- Ler está de moda
- 11 mar 2020
- 1 Min. de lectura
Boas a tod@s!
Hoxe, en sesión de tarde, tivemos o pracer de desfrutar na biblioteca dun divertido conto que nos contou Begoña, unha contacontos moi simpática que nos fixo pasar un anaco moi agradable coas aventuras de Mariña, unha nena intrépida e moi aventureira.




A nosa sorpresa foi máxima cando fomos descubrindo que o conto transcurría nos lugares da nosa contorna: Allariz, Xunqueira... e, por suposto, en Baños de Molgas e no Santuario dos Milagres!


Cando estabamos a piques de saber como remataba o conto... Begoña propuxo ó alumnado de primaria un reto marabilloso: que foran os propios nenos e nenas quen crearan candanseu final en forma de cómic.

Pola súa banda, os máis pequeniños e pequeniñas colorearon un debuxo moi ilustrativo do conto.

E todos e todas xuntos traballamos no conto tan chulo que acabaramos de escoitar e, o máis importante, deixamos voar a nosa imaxinación por un instante e convertémonos en escritores e escritoras de historias marabillosas.











Bo día e boas lecturas e todos e a todas!
Comentarii