Continuamos na loita!
- Ler está de moda
- 24 mar 2020
- 1 Min. de lectura
Bo día a tod@s!
Estamos a comezar a segunda semana de confinamento e ó profesorado do CEIP de Baños de Molgas cónstanos que estades a traballar moito e ben! Seguide así! Recordade que non se trata de facer moito un día, senón ter constancia todos os días para así non esquecernos do aprendido e continuar avanzando nos contidos novos. Pero, sobre todo, non queremos baixo ningún concepto que vos agobiedes co traballo escolar nin que dediquedes a maior parte do tempo a el. Somos conscientes de que vós tamén estades a vivir unha situación moi difícil e delicada e que as prioridades do momento non sempre pasan -ou non deberían pasar- polo académico.

Recordámosvos tamén a importancia de ler cada día un pouco e a axuda que moitas veces nos ofrecen os libros ante situacións difíciles: abren portas a outros mundos e axudan a olvidarnos por un tempo do que nos entristece. Non dubidedes en botar man deles!
Mandámosvos unha garimosa aperta virtual e toda a forza para resistir unha semana máis!
Boa semana e boas lecturas!
Como moi ben di Vero, moito ánimo a todos. Estamos xa a punto e comezar a mirar esta segunda semana cara abaixo e en nada, miraremos tamén cara abaixo a carreiriña dos días que nos queden para voltar a normalidade. Xa veredes como vai pasar enseguida.
De igual xeito, sen esquecer o traballo cos libros e sobre todo a lectura, tedes que tirar proveito da sorte que tedes: a maioria de vós vivides en pobos pequenos nos que tedes xandins, hortas, leiras... nos que podedes disfrutar do aire libre e incluso aproveitar eses espazos para facer exercicio.
Non vos saco máis tempo, insistirvos no mesmo. Non convén esquecer o académico, pero, tentade e convencede aos papis de que non debe…