Conto Viaxeiro
- Ler está de moda
- 4 feb 2020
- 1 Min. de lectura
Boas a tod@s:
Este xa presente mes de febreiro imos botar a andar dende a nosa biblioteca un novo proxecto que de seguro vos vai encantar a tod@s e no que imos colaborar todo o colexio: o Conto Viaxeiro!

Esta actividade consiste na planificación, escritura e ilustración dun conto entre todos os alumnos e alumnas de infantil e primaria, co obxectivo de promover a expresión e a expresividade en galego, así como a creatividade artística e o traballo colaborativo en equipo.

Cada aula deberá escribir un anaco do conto acompañado dunha ou varias ilustracións significativas do que se escribiu e os mestres e mestras orientarán e guiarán ós seus alumnos e alumnas na construción do texto.

Finalmente, tod@s os autores e autoras se reunirán para ver conxuntamente o resultado final do conto e participar nunha pequena charla-coloquio sobre a experiencia da escritura colectiva e do traballo cooperativo.

Estade atent@s porque en nada bota a andar o conto viaxeiro!
Bo día e mellores lecturas!
Commentaires