top of page
Buscar

Felices vacacións a tod@s!

  • Foto del escritor: Ler está de moda
    Ler está de moda
  • 3 abr 2020
  • 1 Min. de lectura

Aínda que dun xeito que hai uns meses xamais imaxinariamos, comezan hoxe as nosas vacacións de Semana Santa e, dito sexa de paso, estamos tamén a rematar a terceira semana de confinamento como uns heroes e heroínas que sodes sen lugar a dúbidas. Noraboa por levalo tan ben, por traballar tanto e por serdes, en definitiva, un alumnado exemplar.


A partir de hoxe tócavos descansar -que o tendes ben merecido!-. Tócavos desfrutar do sol, da poesía, dunha peli divertida, dos debuxos -dos vosos, dos dos outros e dos animados-, correr -os que poidades-, rir, falar, escoitar ós maiores... non deixedes de facelo nin de gozar das pequenas cousas do día a día e das que tendes a sorte de ter. Sodes moi afortunados. Non o esquezades.


Como sempre facemos neste blogue, tamén vos recomendamos ler un pouquiño todos os días, non como unha obriga, senón como un dos máis marabillosos dos placeres. Collede a lectura con cariño, non como unha imposición, desfrutade coas historias... se conseguides que os libros sexan os vosos amigos, nunca máis vos ides sentir sós.


En definitiva... SEDE MOI FELICES.


O profesorado do CEIP de Baños de Molgas mandámosvos unha aperta enorme e os nosos mellores desexos para estas vacacións.



Feliz Pascua e... boas lecturas!

 
 
 

Comments


Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page