top of page
Buscar

I Concurso Literario de Cartas de amor San Valentín

  • Foto del escritor: Ler está de moda
    Ler está de moda
  • 4 feb 2020
  • 2 Min. de lectura


A biblioteca “Ler está de moda” do CEIP de Baños de Molgas convoca o I Certame Literario de Cartas de Amor San Valentín, con arreglo ás seguintes


BASES

Primeira.- Os participantes presentarán unha carta orixinal e inédita cuxa temática será o amor (non só o amor romántico cara un noivo/a e/ou persoa que nos atraia, senón que poderá estar dirixida a calquera persoa pola que sintamos afecto e/ou verdadeira amizade). Esta carta poderá escribirse en calquera das súas manifestacións, ben en prosa, en verso ou en ámbalas dúas modalidades. Así mesmo, admitiranse versións en calquera materialización gráfica, incluído o cómic. A lingua empregada será a galega.

Segunda.- As cartas deberán presentarse en papel e introducidas nun sobre no cal se deberá poñer o nome do autor ou autora.


Terceira. -As cartas depositaranse nun buzón que estará habilitado para tal fin na biblioteca a partir da vindeira semana.


Cuarta. -O prazo de presentación abrirase o 5 de febreiro e pechará o 12 do mesmo mes.


Quinta.- As cartas deberán ter unha extensión mínima de 10 liñas e non exceder as 50 liñas.

Sexta.- Os traballos serán avaliados por un xurado integrado polos profesores e profesoras do CEIP de Baños de Molgas. O fallo proclamará as cartas gañadoras do concurso e será inapelable.

Sétima.- O anuncio das cartas gañadoras do concurso terá lugar o venres 14 de febreiro –día de San Valentín- na biblioteca.

Oitava.- Establécense tres premios sorpresa: un para cada unha das tres modalidades: infantil; 1º, 2º e 3º; 4º, 5º e 6º.


Novena.- A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.


Dende a biblioteca animávosmos a participar e a celebrar que o amor é un sentimento moi bonito todos os días do ano!

 
 
 

Comments


Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page