top of page
Buscar

Magosto no cole!

  • Foto del escritor: Ler está de moda
    Ler está de moda
  • 9 nov 2019
  • 1 Min. de lectura

Este venres 8 de novembro celebramos no cole o Magosto cun montón de actividades xa dende a primeira hora da mañá a pesares de que o tempo non nos acompañou moito...

Pola mañá, todos os nenos e nenas desfrutaron dunha película moi divertida na biblioteca: Aladino.

Ó rematar, o patio cuberto serviu de espazo para correr e gozar ata a hora de comer dado que a chuvia fixo acto de presenza en non poucas ocasións...

Debido a este feito, a comida do magosto (empanada, bocata de chourizo, bica, tarta de mazá e refrescos varios) levouse a cabo no comedor do cole, onde nos alegramos moito de contar coa presenza de moitos pais e nais que non quixeron deixar pasar a oportunidade de compartir a festa cos seus nenos e nenas.

Despois de comer, asamos as castañas no patio cuberto e, ademais de comelas, non puidemos deixar de pintar, como en todo bo magosto que se precie, a cara cos tizóns do lume e de pasar unha tarde moi feliz tod@s xunt@s.



















































 
 
 

1 Comment


Juan José Cid Rivas
Juan José Cid Rivas
Nov 09, 2019

Como ben dis, unha lástima non haber tido un pouquiño máis de sorte coa climatoloxía, pero tampouco hai que lamentarse en damasía, xa virán tempos mellores, e como dí aquel, a malo desta igual e o bo da vindeira.

De todos os xeitos, creo que o pasaron e pasamos moi ben.

Like

Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page