top of page
Buscar
  • Foto del escritorLer está de moda

Mochila viaxeira para o alumnado máis pequeno

Ola de novo a todas e a todos!


Para comezar ben o mes de decembro na biblioteca, lanzamos unha nova proposta que agardamos sexa do agrado dos máis pequenos e pequenas e contribúa, por suposto, a consolidar o hábito lector tanto no colexio coma na casa.


Trátase da nosa Mochila Viaxeira, dirixida ó alumnado de Educación Infantil.


Dende o vindeiro luns 2 de decembro, cada alumno e alumna levará a Mochila Viaxeira unha semana para a súa casa (de luns a luns) con 5 contos no seu interior (adaptados ás diferentes idades: 3, 4 e 5 anos) e cunha nota explicativa do funcionamento da mochila por se houbera algunha dúbida por parte das familias. A Mochila deberá ser devolta á titora o luns seguinte para que outro neno ou nena poida levala para a casa e continúe, así, a súa viaxe.


O obxectivo é que o alumnado se afaga a ler e/ou a que lle lean no fogar un pouquiño todos os días para así poder ir consolidando a rutina lectora, tan importante para, posteriormente, comprender, razonar, expresarse, escribir...


Dende o centro e a biblioteca quedamos ó dispor das familias para calquera dúbida que poida xurdir e esperamos que esta sexa só a primeira das moitas mochilas que poidamos poñer en funcionamento.


Saúdos pata tod@s e que a lectura vos acompañe!!!!!





28 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page