O noso 25N en imaxes
- Ler está de moda
- 26 nov 2019
- 1 Min. de lectura
O pasado luns, 25 de novembro, celebramos no colexio o Día Internacional para a eliminación da Violencia cara a Muller. Como xa contamos na entrada do blogue anterior, levamos a cabo un montón de actividades durante todo o día que nos permitiron reflexionar, (re)pensar e abordar a distintos niveis unha problemática existente na nosa comunidade máis próxima pero tamén no mundo enteiro.

Cremos que foi un día moi interesante e produtivo no que xurdiron moitas ideas fabulosas e no que o alumnado se implicou dunha maneira encomiable. Para mostra, achegamos unha pequena selección de imaxes do día que nos amosan que hai esperanza, que as cousas poden cambiar e que a educación é a chave máis poderosa para cambiar o mundo.
























Que satisfacción ver a grandes e pequenos implicados en conxunto nunha mesma actividade. Como dicía aquel... Sementa que algo queda!!!
Pasiño a pasiño, e como ti dis, dende a EDUCACIÓN habemos poñer os cementos para escomenzar a cambiar.