top of page
Buscar
  • Foto del escritorLer está de moda

Os profes convértense en Booktubers

Ola a tod@s!


Para conmemorar unha data tan bonita coma o Día do Libro, @s profes do colexio de Baños de Molgas convertémonos en Booktubers por un día para vos falar dos libros que estamos a ler nesta corentena.


Onte foinos imposible subir estes vídeos ó blogue, cremos que pola saturación da rede, pero hoxe, cun día de retraso, deixámosvos os vídeos para que os poidades ver e, tamén, para vos dar moitos ánimos e vos dicir que, entre tod@s, imos saír moi pronto desta situación.


A profe Fátima falounos dos libros tan chulos que está a ler cos seus fillos nestes días... Algúns deles témolos na biblio e, como di ela, encántanvos!


O profe Juan está a pasar a corentena entre libros tamén e, por suposto, lendo moito sobre a súa grande afición!


O profe André fálanos dunha novela gráfica tan bonita como emotiva... collerémola para a biblio!


A profe Iria redescóbrenos a Mafalda... non podedes deixar de lela!!


Víctor decantouse estes días pola novela negra... un xénero que engancha de principio a fin. Xenial para os días máis aburridos!


A profe Marisa recomendounos dous libros moi especiais e esperanzadores para estes días... de seguro que á volta vos falará máis deles!


E a profe Vero... liouse algúns minutos de máis entre tanto libro... A súa escolla, La trenza, é unha fermosa obra recomendada para os máis maiores.


Gustounos moito celebrar este día convosco e recordade que sempre estades moi presentes nos nosos pensamentos.


Sede bos e boas e felices lecturas!

41 visualizaciones1 comentario

Entradas recientes

Ver todo

Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page