Pioneiras I e II,
- Ler está de moda
- 11 mar 2020
- 1 Min. de lectura
Esta semana dende a biblioteca, e máis concretamente dende o Recuncho da Igualdade, recomendámosvos ó alumando de 4º, 5º e 6º dous libriños marabillosos: Pioneiras I e Pioneiras II, de Anaír Rodríguez (Editorial Xerais).

Neles atoparedes referencia a mulleres pioneiras galegas que transformaron o mundo e que, en moitas ocasións, non tiñamos conciencia da súa existencia. Trátase duns libros moi amenos e de moi doada lectura que vos farán pasar uns intres marabillosos e, de paso, aprender moito sobre a nosa propia historia.

Recomendadísima lectura para a semana e a finde!
Comentarios