Recomendación para esta semana!
- Ler está de moda
- 7 feb 2020
- 1 Min. de lectura
Dende a biblio gustaríanos recomendarvos a todos os alumnos e alumnas de primaria un libro marabilloso que temos no noso Recuncho da Igualdade e que estamos seguros vos vai encantar. Algunhas nenas xa o leron e pareceulles chulísimo.
Trátase de La Cenicienta que no quería comer perdices, de Nunila López Salamero e Myriam Camero Sierra.

Trátase dun libro xenial e moi divertido que nos ofrece outra visión máis realista do clásico conto de La Cenicienta. Ademais, contén unhas ilustracións moi divertidas e marabillosas e é de lectura moi doada e rápida.


Así que xa sabedes, se andades a buscar un libro divertido co que pasar un anaco xenial, esta obra é o que andabades buscando!
Boa fin de semana e, xa sabedes, facédelle un oquiño á lectura estes días!
Boas lecturas!
Comments