Recomendamos a Carvalho Calero
- Ler está de moda
- 4 feb 2020
- 1 Min. de lectura
Como xa sabedes tod@s, este ano o Día das Letras Galegas -17 de maio- rende homenaxe ó ferrolán Ricardo Carvalho Calero (1910-1990).

Con motivo desta efeméride, chegounos esta semana á biblio unha obriña do profesor Héctor Cajaraville que, de xeito moi ameno, relata a vida deste grande escritor das nosas letras que, durante toda a súa vida, loitou pola dignificación da nosa lingua en tódolos contextos.


Trátase esta obra dun material interesante para profundizar na biografía e obra deste escritor que, ademais, contén sete peciñas teatrais que representan de xeito moi gráficos os momentos vitais máis importantes de Carvalho Calero.

Se vos animades a botarlle un ollo, atoparedes este libro na sección de "Novidades" da biblioteca.
Boas e felices lecturas a tod@s!
Comments