top of page
Buscar

Recuncho da Igualdade

  • Foto del escritor: Ler está de moda
    Ler está de moda
  • 18 dic 2019
  • 1 Min. de lectura

Antes de que remate o ano, e como colofón ás actividades que se levaron a cabo ó longo deste trimestre na biblioteca, gustaríanos presentarvos un novo recuncho que estamos a inaugurar: o Recuncho da Igualdade.


Este recuncho pretende ser unha ferramenta máis para a loita contra a violencia de xénero e a favor da igualdade entre nenos e nenas. Contén títulos tan significativos como Pipi Mediaslongas, O país dos mandóns, Rapunzel con piollos ou Pioneiras 1 e 2. Libros coeducativos que tratan de desmontar estereotipos tradicionais e dar unha visión alternativa máis xusta e igualitaria.


Dende xa, o noso alumnado pode facer uso deste recuncho e desfrutar coas marabillosas historias que contén. Dádelle moito uso!!






 
 
 

Comments


Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page