Somos grafiteir@s!
- Ler está de moda
- 29 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Boas a tod@s!!
Esta semana os nenos e nenas do cole, e tamén algún que outro profe, decidimos coller os sprays de Camilo e, coa súa axuda, colaborar na realización dun dos murais chulísimos que adornan o noso patio cuberto.
Os nen@s de infantil foron os primeiros en coller as cores. Botade un ollo para ver que artistas son as nosas pequenas e pequenos:






Algún... ata quixo poñer a funda para traballar...




Aos máis grandiños tamén lles fixo ilusión iso da arte urbana...




E os profes... non puidemos resistirnos...



E, finalmente, entre tod@s, fixemos un mural... do máis impresionante!



E así nos quedou o noso patio cuberto:




Deica pronto e boas lecturas!
Agora tocara pintar as pardes que dan o patio exterior. A seguir asi que esta quedando moi bonito.
Ver a ilusión coa que todos collian o spray e escoitaban as indicacións de Camilo, motivo máis que suficiente para pasar o día embobados véndoos pintar. E ver o resultado acabada a xornada e ter un motivo máis para sentírmonos orgullosos do noso colexio.