top of page
Buscar

Todo irá ben!

  • Foto del escritor: Ler está de moda
    Ler está de moda
  • 17 mar 2020
  • 1 Min. de lectura

Bo día a tod@s!


A totalidade do profesorado do CEIP de Baños de Molgas quere transmitirvos todo o seu apoio e ánimo nestes días que non están a ser doados para ninguén.


Somos conscientes de que estamos a vivir unha situación que non é comparable con ningunha outra vivida ata o momento a todos os niveis, por iso queremos mandarvos, en primeiro lugar, tanto ós alumnos e alumnas como ás súas familias, un cariñoso agarimo e moita forza e, recordarvos tamén, que esta é unha loita común que só podemos gañar se poñemos cada un de nós o seu granciño de area e tomamos todas as precaucións que as autoridades sanitarias nos están a recomendar.


Como estaredes cansad@s de escoitar, pero non por iso é menos certo, os nenos e nenas sodes axentes imprescindibles e fundamentais nesta loita, polo que debedes manter as medidas hixiénicas recomendadas e, sobre todo, ficar na casa.


Se tod@s respectamos este confinamento, o tempo de reclusión será menor e moi pronto poderemos reunirnos, abrazarnos e, en definitiva, celebrar, a nosa victoria ó virus.


Queremos recordarvos, en segundo lugar, que os libros sempre son magníficos compañeiros e estupendos amigos fronte ó aburrimento. Lede moito! Contos, novelas, relatos, banda deseñada, poesía, revistas, o xormal... tanto ten... pero lede! Non só curaredes o fastío, senón que melloraredes a vosa mecánica lectora, o voso nivel de comprensión, a vosa ortografía, a vosa expresión escrita... e, en definitiva, resultaravos moito máis doado, así, traballar e comprender as materias do cole. Lede un pouco cada día!


Mandámosvos un cariñoso abrazo virtual e toda a enerxía e forza para os vindeiros días.


Feliz día e felices lecturas!

 
 
 

Comments


Únete a nuestra lista de correo

  • Google+ Black Round
  • Facebook Black Round
  • Twitter Black Round

© 2023 por Blog de Crianza de Hijos. Creado con Wix.com

Av. Los Rosales 122, 28021, Madrid.

info@misitio.com

Tel: 914-123-456

Fax: 914-123-456

bottom of page