Visitan a nosa biblioteca!
- Ler está de moda
- 17 ene 2020
- 1 Min. de lectura
Boas a todos e a todas!
Hoxe venres, 17 de xaneiro, o noso cole en xeral e a nosa biblioteca, en particular, prestáronse como escenarios para levar a cabo divertidas actividades que fixeron co alumnado dúas traballadoras da Escola Galega de Consumo co obxectivo último de potenciar a nosa saúde a través dunha boa e sana alimentación e de mellorar como consumidores e consumidoras.
É así que os máis pequenos se converteron por un tempo en distintos alimentos da pirámide alimenticia:







Aprendendo, por exemplo, que os doces deben ter pouco protagonismo na nosa dieta, xa que están na cúspide da pirámide e que os hidratos de carbono ou as froitas e verduras deben ser un alimento diario na nosa alimentación.

Por outra banda, os maiores tamén demostraron que saben moito de alimentación e que coñecen á perfección a pirámide dos alimentos e... ata bailaron e todo!





Boa finde e proveitosas lecturas a todos e a todas!
Commentaires